Sunday 05 de May de 2024

A Coruña aumenta ata 76 o número de contedores que a cidadanía pode usar para depositar o seu aceite vexetal usado


A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, participou hoxe xunto á Cooperativa Mulleres Colleiteiras no inicio da campaña de información dos novos puntos de reciclaxe de aceite, que tivo lugar en Orillamar

O Concello, a través da Concellería de Medio Amiente, anuncia que A Coruña aumenta ata 76 o número de contedores que a cidadanía pode usar para depositar o seu aceite vexetal usado, colaborando así co coidado do medio ambiente e facilitando as tarefas de reciclaxe deste residuo.

A concelleira de Medio Ambiente, Esther Fontán, participou hoxe no inicio da campaña de información dos novos puntos de reciclaxe de aceite, que tivo lugar en Orillamar, xunto á Cooperativa Mulleres Colleiteiras. Fontán explicoulle as e os veciños a necesidade de implicarse neste proxecto de coidado do medio ambiente a través da reciclaxe do aceite e fomentando deste xeito a economía circular. A edila sinalou que “éste é sen dúbida un exemplo de que o coidado do medio ambiente ten non só dimensións de conservación do noso medio natural senón tamén dimensións económicas e sociais”.

O Concello, froito do convenio que ten asinado coa Cooperativa Mulleres Colleiteiras, vén de instalar 11 novos contedores de recollida de aceite usado nas seguintes ubicacións da cidade:
• 15001 MAESTRANZA Rúa Maestranza s/n
• 15002 AS LAGOAS PASEO Paseo Marítimo

• 15002 ORILLAMAR Rúa Orillamar, 88 (esquina San Vicente de Paul)
• 15003 RÚA ORZÁN / PASTORIZA Rúa Orzán, 162
• 15007 RÚA VIZCAIA Rúa Vizcaia, 54
• 15008 RONDA CAMILO JOSÉ CELA / PENSAMENTOS Ronda Camilo José Cela, 12
• 15008 BAIRRO FLORES (PETUNIAS) Rúa das Petunias, 3
• 15009 PRAZA CONCORDIA (GADIS) Av. da Concordia, 21, 23
• 15009 RÚA CHILE / PÉREZ ARDÁ Rúa Chile, 27
• 15009 CUBELA (PRAZA ELVIRA BAO) Rúa Roberto Tojeiro Díaz
• 15010 AGRA DO ORZÁN (R. BELLAVISTA) Rúa Bellavista, 3

Co fin de fomentar cada vez máis entre a veciñanza a reciclaxe do aceite, o Concello vai instalar ademáis outros 9 contedores próximamente, chegando así a un total de 85 colectores.
Neste mes de outubro, e froito tamén dese convenio, entrou en funcionamento o novo contrato de limpeza e mantemento de todos os contedores de aceite existentes na nosa cidade. A Cooperativa sen ánimo de lucro MULLERES COLLEITEIRAS, proxecto impulsado por Arquitectos sen Fronteiras é a encargada da recollida de aceite doméstico usado no Concello, acadou unha cifra de aceite recollido en 2019 de 94.000 kg, estimando un incremento para o presente ano dun 35%.